Concurso Pangea
Dende o colexio queremos indicar a todos os nosos alumnxs de 4º, 5º e 6º de primaria que aínda están a tempo de participar no concurso matemático Pangea. A data límite de inscrición é o próximo día 31 de xaneiro, se queredes participar (como xa vos dixen na clase) podedes falar comigo.
As datas provisionais que temos son as seguintes:
- 31 de xaneiro dia límite para a inscrición.
- Primeira ronda do 20 ao 28 de febreiro.
- Rolda final o 6 de maio
A primeira rolda celebrarase no colexio e as posteriores aínda están por confirmar o lugar de celebración. SE queredes máis información podedes acceder ao enlace seguinte: http://concursopangea.com.